O Concello ofrece a posibilidade de obter o curso homologado de CAP, permiso C e mercancías perigosas a través do +Xti

Martes, 11 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, ofrece a posibilidade de obter o curso homologado de CAP, permiso C e mercancías perigosas, a través da programación do +Xti, organizada pola entidade local e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas.

Os destinatarios deste curso, que conta con 11 prazas, son lucenses de 18 a 55 anos, empadroados en Lugo.

As persoas interesadas nesta actividade gratuíta poderán inscribirse, do 24 ao 28 de agosto, enviando un correo electrónico ao enderezo maisporti2020@lugo.gal. No asunto débese especificar “Inscrición ao curso de CAP, Permiso C e Mercancías perigosas” e o texto do mail debe incluír a seguinte  información: nome e apelidos, DNI/NIE, enderezo, teléfono e data de nacemento. As admisións serán por rigorosa orde de inscrición e máis unha entrevista ata cubrir prazas.

O curso terá lugar dende o 7 de setembro ata o 30 de outubro de 19:45 ata as 23:00 horas, no Centro de Formación do Transporte de Lugo.

Este curso, súmase ao tamén curso homologado de manexo de carretillas elevadoras, que se realizou, abeiro do +Xti, o pasado mes de xullo, co total de prazas cubertas.

Máis info

Audio

  • A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Abelleira, sobre o +Xti  | Descargar mp3

Noticias relacionadas