O Concello ofrece orientación e formación enerxética para que as familias optimizen a súa factura de luz e gas

Terán lugar dúas sesións informativas, realizadas pola Fundación Gas Natural Fenosa, o vindeiro martes, 6 de febreiro, ás 16:00 e 18:00 horas, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra

Martes, 30 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana Abelleira, organizou para o vindeiro martes, 6 de febreiro, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, dúas sesións informativas sobre vulnerabilidade enerxética. Trátase dunhas xornadas, realizadas pola Fundación Gas Natural Fenosa, dirixidas ás familias, cun número máximo de asistentes por sesión de 20 persoas, destinadas a comprender a factura de luz e gas e optimizalas segundo as necesidades de cada familia ou as súas pautas de comportamento, así como información sobre o bono social entre outros. Terán lugar ás 16:00 horas e ás 18:00 horas.

Con esta iniciativa o Concello ofrece orientación e formación enerxética para contribuír a reducir o consumo enerxético e paliar así a vulnerabilidade e a pobreza enerxética, un problema que afecta ao 10% de fogares en España, segundo os últimos datos recollidos por Eurostat.

Audio

Noticias relacionadas