O Concello ofrece en agosto dúas xornadas para sensibilizar sobre o uso indebido de alcol e drogas

Será os días 9 e 23 na Praza Horta do Seminario, de 16:30 a 21:00 horas. Para participar nesta actividade, enmarcada na programación do +Xtí, subvencionada polo Plan Nacional de Drogas, só é preciso achegarse ata o propio espazo Dentro desta programación, o 8 de agosto celebrarase unha masterclass de hip-hop a cargo do artista Cedecé na Praza Maior, de 18:00 a 20:00 horas. Trátase dunha actividade de balde para a que non é precisa a inscrición

Mércores, 01 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo ten preparadas para agosto dúas xornadas para sensibilizar sobre o uso indebido de alcol e drogas, dentro do programa de actividades do +Xtí, subvencionadas polo Plan Nacional de DrogasSerá os días 9 e 23 na Praza Horta do Seminario, de 16:30 a 21:00 horas e están dirixidas á mocidade con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos. Para participar só é preciso achegarse ata o propio espazo.

Esta actividade componse dun primeiro stand informativo sobre os servizos que ofrece a área de prevención de drogodependencias do Concello, así como dos perigos do consumo de alcol e outras drogas; onde se explicará o funcionamento, a dinámica e os obxectivos que se pretenden con esta actividade lúdico-educativa.

Un segundo espazo destinado á realización de distintas probas, que permitirán experimentar os diferentes efectos do consumo de drogas ou alcol, en calquera actividade, por sinxela que sexa; traballando así a toma de decisión ante distintas situacións. Deste xeito, garantese a posibilidade de adquirir experiencia práctica, dun xeito dinámico. Será a través de gafas de simulación, que sen perigo para a persoa participante, desenvolvan a súa sensibilidade de cara o perigo que supón o consumo excesivo de alcol. As gafas amosarán claramente as alteracións na vista, a apreciación máis difícil das distancias, a capacidade máis lenta de reacción ou o campo de visión máis estreito, entre outros.

Para elo, a Praza Horta do Seminario dividirase en distintas estacións:

  1. Un circuíto de karts a pedais, no que se deberá completar un percorrido nunha pista con obstáculo, tanto coas gafas como esen gafas, para apreciar a dificultade da execución da proba simulando o consumo de alcol
  2. Un circuíto combinado, no que se deberá cmaiñar sobre unha liña de cinta adhesiva no chan e un recorrido de conos.
  3. Proba combinada de habilidades oculomentais, con lanzamento de balóns
  4. Por último, unha proba de habilidades

Masterclass de hip-hop

Tamén, dentro da programación do +Xtí, o mércores 8 de agosto celebrarase unha masterclass de hip-hop a cargo do artista Cedecé na Praza Maior, de 18:00 a 20:00 horas. Trátase dunha actividade de balde para a que non é precisa a inscrición.

Noticias relacionadas