O Concello ofrece aos mozos un variado programa de actividades para o que queda de ano

Carmen Basadre presentou a nova programación para mozos e mozas de 14 a 35 anos, que terá lugar dende o 19 de setembro na Casa da Xuventude

Mércores, 07 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello ofrece aos mozos un variado programa de actividades para o que queda de ano

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves os novos talleres para mozos e mozas de 14 a 35 anos, que o Concello de Lugo organiza para o que queda de ano. O Concello oferta máis de 150 prazas para participar en 14 obradoiros que se desenvolverán dende o 19 de setembro e ata decembro na Casa da Xuventude.

Deste xeito, o Concello ofrécelle unha alternativa distinta á xuventude para que dedique o seu tempo de lecer a aprender novas habilidades deportivas ou sociais, mentres están en contacto con outros mozos da súa idade.

Grazas a estes talleres, unha vez máis os mozos e mozas terán a oportunidade de preparar os exames de inglés First, así como practicar zumba, ioga, pilates ou familiarizarse coas técnicas da cociña. Pintura, macramé, robótica e impresión, así como habilidades en comunicación e iniciación ao deseño e páxinas web son outras das alternativas. Todos os interesados en participar nalgunha destas actividades deben inscribirse na Casa da Xuventude, onde tamén terán lugar tenis de mesa, dentro do programa +Xtí de Prevención de Drogodependencias. Dentro deste proxecto tamén están incluídas actividades de lecer en Lamas de Prado, un curso de carretilleiros e un cursos de iniciación 4x4.

Asesorías xuvenís

Carmen Basadre aproveitou a rolda de prensa para lembrar os horarios da asesoría xuvenil xurídica e psicolóxica, que o Concello ten en marcha no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. A xurídica funcionará os luns e mércores, de 19:30 a 21:00 horas, e a psicolóxica, os martes e venres, de 18:00 a 21:00 horas.

Casa das Linguas

O Concello tamén ofrece a oportunidade de aprender inglés, alemán, francés e portugués, de luns a venres, nas Casas das Linguas María Balteira e Estrada da Granxa.

+INFO

  • Programa de actividades para mozos e mozas 2016 | Descargar pdf

Noticias relacionadas