O Concello non pagou o cambio dos parquímetros da ORA

Mércores, 12 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno local desminte que o Concello gastara 462.000 euros na sustitución de 55 parquímetros ó cambiar a empresa concesionaria da ORA, como asegurou o Partido Popular.

A instalación dos novos parquímetros correu por conta da empresa Doal que xestiona na actualidade o servizo da ORA. Os novos parquímetros presentan diversas melloras respecto ós que empregaba a anterior concesionaria.

Dispoñen de alimentación a través de paneis solares, permiten o pago con tarxeta de crédito, pódense usar varios idiomas e ofrecen outras melloras en cuestións como o pago do recargo para evitar as sancións por falta de tiquet.

Tocante ós parquímetros vellos a intención do Goberno local é vendelos polo procedemento de subasta.

O cambio de concesionaria no servizo ORA supuxo aumentar ata o 20% os ingresos que fai a empresa ás arcas do Concello do total que recauda.

Unha vez máis, o Partido Popular opónse a todo o que sexa unha mellora para a cidade e ó equipo de Goberno chámalle a atención o interese do voceiro do PP, Enrique Rozas, na defensa dos intereses dunha determinada empresa.

Noticias relacionadas