O Concello mellora a rede de saneamento da Praza de Bretaña

Mércores, 20 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello mellora a rede de saneamento da Praza de Bretaña

O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, informou este mércores de que o Concello está a acometer obras de renovación e mellora da rede de saneamento da Praza de Bretaña, respondendo a unha necesidade veciñal, dado o mal funcionamento actual da rede neste punto. En concreto, o punto de comezo das actuacións é o rexistro onde chega o saneamento das augas residuais do cuartel da Garda Civil, a partir do cal se executará unha nova canalización, con tubaxe de PVC, chegando ata a beirarrúa de Salvador de Madariaga. Para elo, será necesario escavar unha gabia na calzada na Praza de Bretaña ata alcanzar o saneamento existente na beirarrúa de Salvador de Madariaga, isto é, cunha lonxitude de 45 mes. Previsiblemente, os traballos estarán rematados a principios da vindeira semana.

Noticias relacionadas