O Concello mellora a iluminación do parque infantil de Gallego Tato

Lara Méndez, Rosana Rielo e Manuel Núñez mantiveron un encontro con representantes da ANPA do colexio Luis Pimentel, que propuxeron nos Orzamentos Participativos estas tarefas, cun orzamento de 8.300 euros

Domingo, 17 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello mellora a iluminación do parque infantil de Gallego Tato

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, mantiveron un encontro con representantes da ANPA do CEIP Luis Pimentel, que propuxeron nos Orzamentos Participativos a iluminación do parque da esquina da rúa Gallego Tato con Angelo Colocci. Esta foi a cuarta proposta máis votada neste proceso participativo, con máis dun centenar de votos.

Fíxerono no propio espazo de lecer infantil, onde a entidade local está a levar a cabo as tarefas, que contan cun orzamento de 8.300 euros e que consisten na realización de gabias pola zona verde xunto con 5 arquetas, a partir das que se instalaron dúas columnas con dous puntos de luz dobles tipo proxector asimétrico.

Audio

  • A edil Rosana Rielo sobre a iluminación do Parque Infantil "Gallego Tato" | Descargar mp3

Multimedia

  • O Concello mellora a iluminación do parque infantil de Gallego Tato

Noticias relacionadas