O Concello limpou o entorno da Cámara de Comercio

Martes, 03 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello limpou o entorno da Cámara de Comercio

O servizo de limpeza do Concello de Lugo procedeu este martes a limpar e acondicionar o entorno do edificio da Cámara de Comercio, na avenida Ramón Ferreiro. Un equipo de operarios acometeu ao longo da mañá una actuación integral de limpeza das zonas do inmoble cuxo mal estado afectaban ás beirarrúas e espazos públicos, segundo explicou o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, quen indicou que esta medida “non impide que o Concello lle requira aos propietarios que manteñan en bo estado o edificio e o seu entorno”.

Multimedia

  • O Concello limpou o entorno da Cámara de Comercio

Noticias relacionadas