O Concello leva o Lugo Smart City ao principal encontro nacional sobre xestión urbana intelixente e sostible, o Greencities

Xoves, 26 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello leva o Lugo Smart City ao principal encontro nacional sobre xestión urbana intelixente e sostible, o Greencities

Lugo levou á novena edición de Greencities, o Foro de Intelixencia e Sostibilidade Urbana, que se celebra no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga (Fycma) dende onte, a inicitiva de 4,1 millóns de euros para converter a cidade luguesa en intelixente e sostible, o Lugo Smart City.

Ao principal encontro nacional sobre xestión urbana intelixente e sostible desprazouse o Enxeñeiro Municipal, Miguel Ángel Negral, para estar presente no networking deste foro, que que convoca a profesionais, empresas e representantes de administracións públicas e institucións vinculados á edificiación e rehabilitación sostible, a eficacia enerxética e o desenvolvemento de cidades intelixentes, a gobernanza, o medio ambiente, a mobilidade intelixente e as oportunidades de financiación.

Desta forma, representantes de administracións públicas e institucións entran en contacto con profesionais vinculados ao desenvolvemento de smart cities e a sostibilidade urbana co obxecto de presentar e pór en común solucións e casos de éxito para satisfacer a demanda municipal e xerar oportunidades de negocio.

Para o Goberno, achegar a Lugo a este encontro, que na pasada edición reuniu a 200 cidades e 38 países, con máis de 3.400 visitantes e 900 empresas e entidades presentes; supón unha oportunidade máis para completar a súa visión de smart, un concepto que entende que ten que ser global e transvesal a todas as áreas municipais, de aí xa que o Lugo Smart City se realizara dende distintas concellerías e diversas áreas. Entronca ademais co modelo de cidade que quere o equipo de Lara Méndez para Lugo, unha cidade sostible, eficiente e innovadora; máis accesible, cómoda e humana, con máis espazos públicos para uso público e coa persoa no centro de toda acción política.

Multimedia

  • O Concello leva o Lugo Smart City ao principal encontro nacional sobre xestión urbana intelixente e sostible, o Greencities

Noticias relacionadas