O Concello inviste preto de 100.000 euros en mellorar instalacións educativas públicas, atendendo as peticións das ANPAS

Lara Méndez e Manuel Núñez repasaron algúns dos traballos, que permitiron arranxar accesos aos centros, pintar aulas, reparar cubertas de polideportivos, instalar varandas de seguridade ou acondicionar baños, entre outros

Sábado, 17 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello inviste preto de 100.000 euros en mellorar instalacións educativas públicas, atendendo as peticións das ANPAS

O Concello de Lugo investiu preto de 100.000 euros en mellorar instalacións educativas públicas, atendendo ás peticións das ANPAS e dos equipos directivos dos centros. Así, tal e como informara o Concelleiro de Educación e Infraestruturas, Manuel Núñez, o pasado mes de agosto, a entidade local acometeu tarefas de conservación en todos os colexios públicos municipais.

Nas instalacións do CEIP de Albeiros, ata onde se achegaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas, Manuel Núñez, para supervisar e repasar os traballos, realizouse a reparación do aparcadoiro e do acceso a Infantil. “As tarefas acometéronse tendo en conta a situación de cada centro e as necesidades que nos trasladaron tanto pais e nais como equipo directivo, os que coñecen de primeira man as escolas, co obxectivo de mellorar as condicións dos centros para o curso académico que vén de comezar”, subliñou Lara Méndez.

Por outra banda, no colexio da Ponte reparouse o firme de acceso ao centro, arranxáronse os canlóns e acometeuse o pintado de tres aulas. Outras tantas tamén foron pintadas no colexio das Gándaras.

Multimedia

  • O Concello inviste preto de 100.000 euros en mellorar instalacións educativas públicas, atendendo as peticións das ANPAS

Noticias relacionadas