O Concello investirá catro millóns de euros en obras nos próximos meses

Mércores, 12 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, anunciou esta mañá que o Concello vai investir 4 millóns de obras que se van facer na cidade nos próximos meses. Son 24 obras de diferentes tipos de infraestruturas que se van facer en 15 barrios da cidade.

Piñeiro salientou o “esforzo extraordinario que vai facer o Concello tendo en conta que nos atopamos nun ano no que vivimos unha crise tan importante que obriga a restrinxir os Orzamentos dos Concellos”. A pesares disto, o Concelleiro de Infraestruturas sinalou que o propósito do Goberno local é “seguir mellorando a calidade de vida dos cidadáns de Lugo ó tempo que contribúe a estimular a economía, apoiando ás empresas para que se poidan manter postos de traballo”.

O Concelleiro explicou que das 24 obras só unha conta cunha subvención da Xunta de Galicia. Outras 9 fanse con financiamento do Plan E e teñen un presuposto de 1.800.000 euros. E o resto vainas acometer o Concello.

Entre as obras programadas polo departamento municipal de Infraestruturas figuran a segunda fase da Rúa Industria, que custará uns 700.000 euros, así como a renovación do pavimento nas rúas da Raíña e de S. Froilán. Tamén están previstos proxectos de saneamento en Abella, Galegos, Barrio Feijoo, Magoi, Residencia e San Roque, así como de alumeado público en Magoi.

 

Multimedia

Noticias relacionadas