O Concello instala o novo mobiliario urbano en distintos puntos da cidade, para crear vida social nas súas rúas

Trátase do mobiliario que adquiriu a finais do ano pasado, cunha inversión de 54.000 euros: 107 bancos e 163 xardineiras, tanto rectangulares como circulares

Con esta nova humanización da cidade, o Concello contribuirá a xerar novos espazos de conviencia, lecer e descanso ou a revitalizar outros que xa son puntos de encontro. Dáse resposta a peticións veciñais

Os operarios do Plan Mellora traballaron esta mañá na Praza de Alicante, onde se colocaron 4 bancos e na rúa Xesta, onde irán 2 bancos e 4 xardineiras

Luns, 25 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello instala o novo mobiliario urbano en distintos puntos da cidade, para crear vida social nas súas rúas

O Concello de Lugo vén de comezar a instalar novo mobiliario urbano na cidade, co obxecto de crear vida social nas rúas. Trátase do mobiliario que adquiriu a finais do ano pasado, cunha inversión de 54.000 euros con cargo ao Plan de Barrios: 107 bancos e 163 xardineiras, tanto rectangulares como circulares.

Con esta nova humanización da cidade, o Concello contribuirá a xerar novos espazos de conviencia, lecer e descanso ou a revitalizar outros que xa son puntos de encontro. Dáse resposta ademais a diversas peticións dos veciños e veciñas.

Os operarios do Plan Mellora do Concello traballaron esta mañá na Praza de Alicantes, onde se colocaron catro bancos e na rúa Xesta, onde irán dúas bancos e catro xardineiras. Ao longo dos seguintes días desprazaranse á rúa Filgueiro (1 banco e unha xardineira) á Avenida da Coruña (3 bancos e 2 xardineiras no espazo no que existía o tapón urbanístico) e a Aquilino Iglesias Alvariño, onde se renovarán 10 bancos.

Multimedia

  • O Concello instala o novo mobiliario urbano en distintos puntos da cidade, para crear vida social nas súas rúas

Noticias relacionadas