O Concello inicia a retirada do dique da Fábrica da Luz, tal e como se comprometeu a semana pasada

Daniel Piñeiro supervisou este mércores o inicio dos traballos, que arrincaron coa colocación dunha lámina impermeable augas arriba do dique e unha barreira de contención flotante

Mércores, 02 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello inicia a retirada do dique da Fábrica da Luz, tal e como se comprometeu a semana pasada

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou este mércores o inicio dos traballos de retirada do dique no río Miño xunto á Fábrica da Luz, unhas tarefas que responden ao compromiso adquirido polo Concello a semana pasada. Trátase duns traballos que se realizarán en 3 fases.

No día de hoxe, os operarios realizaron a colocación dunha lámina impermeable augas arriba do dique e unha barreira de contención flotante. Realizados estes labores, iniciarase a primeira das fases de obra, consistentes na retirada da protección de pedra e da lámina superior xeotéxtil. Máis adiante, dentro da segunda fase, retirarase o núcleo central de terra e das láminas de polipropileno dende o extremo da ataguía. A fase final, como estaba previsto, consistirá na retirada das escolleras laterais.

Noticias relacionadas