O Concello inicia obras de reparación de pavimento na rúa dos Chaos e Camiño de Liñares, o que producirá cortes puntuais e breves de tráfico

As tarefas teñen un orzamento de 76.000 euros e un prazo de execución de dous meses

Martes, 14 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello arrinca hoxe as obras de pavimentación en dous viais de Meilán, concretamente na rúa dos Chaos e Camiño de Liñares. Teñen un orzamento duns 76.000 euros e un prazo de execución de dous meses.

As obras consisten na reparación das vías, que debido á antigüidade das mesmas, ás filtracións de augas de choiva e ao incremento das cargas de tráfico, atópanse en mal estado de conservación, con baches que se presentan de forma continuada a pesar do amentemento que fai a brigada municipal.

A entidade local acometerá as seguintes tarefas: reforzo do pavimento existente mediante a execución dunha capa de regularización e rodadura formada por unha mistura bituminosa en quente. Proxéctase a demolición e reconstrucción do paquete completo de firme en tramos determinados. Aproveitarase para a limpeza de marxes e cunetas. Por todo isto, haberá cortes puntuais e breves de tráfico, tentando causar os menos inconvintes posibles á veciñanza da contorna.

Noticias relacionadas