O Concello informará á cidadanía lucense sobre nutrición saudable a través das xornadas Martes nutritivos

Rosana Rielo e Jesus Casabiell presentaron esta programación de cinco charlas, que terán lugar os martes do 31 de outubro ao 28 de novembro no salón de actos do Vello Cárcere ás 19:30 horas

Mércores, 25 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello informará á cidadanía lucense sobre nutrición saudable a través das xornadas Martes nutritivos

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, e o coordinador do Grao en Nutrición Humana e Dietética da Facultade de Ciencias da USC, Jesus Casabiell, presentaron este mércores, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, as xornadas Martes nutritivos, coas que se informará á cidadanía lucense sobre nutrición saudable a través de cinco charlas. Esta programación está organizada polo Concello en colaboración coa Asociación de Dietistas-Nutricionistas Universitarios de Galicia (ADINU) e a Universidade de Santiago de Compostela.

Na presentación, Rielo lembrou que “estas xornadas son posibles grazas ao convenio de colaboración que temos coa USC e do que estamos moi satisfeitos, xa que nos permiten realizar interesantes actividades na cidade como estas”.

Pola súa banda, Jesus Casabiell agradeceulle ao Concello que lles posibilite aos nutricionaistas en formación a colaboración nestas xornadas, que redundan nunha mellor calidade nutricional de toda a cidadanía.

Programación

As charlas, que terán lugar no salón de actos do Vello Cárcere ás 19:30 horas, comezarán o 31 de outubro abordando a nutrición durante a xestación e a lactación. O 7 de novembro tratará sobre a nutrición infantil, o 14 de novembro falarase da nutrición adaptada ao traballo no século XXI, o 21 de novembro será dedicada á nutrición en maiores e o 28 de novembro finalizarán coa nutrición no deporte e na actividade física.

Audio

  • Rosana Rielo, sobre as xornadas Martes nutritivos | Descargar mp3

Multimedia

  • O Concello informará á cidadanía lucense sobre nutrición saudable a través das xornadas Martes nutritivos

Noticias relacionadas