O Concello garante un óptimo funcionamento das instalacións deportivas municipais coa contratación de 2 traballadores para o seu mantemento

Miguel Fernández avanzou que a entidade local acondicionará tanto o interior da totalidade dos centros deportivos como o entorno do mesmo, co obxectivo de asegurar os mellores servizos de cara o inicio de entrenamentos e competicións

Martes, 30 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello garante un óptimo funcionamento das instalacións deportivas municipais coa contratación de 2 traballadores para o seu mantemento

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, avanzou este martes o reforzo do persoal dedicado ao mantemento das instalacións deportivas municipais, que leva a cabo o Concello para garantir un óptimo funcionamento de ditas instalacións, e co obxectivo de asegurar os mellores servizos de cara o inicio dos entrenamentos e da grande cantidade de competicións das diversas modalidades deportivas que se levan a cabo na cidade. Deste xeito, a entidade local contratou dous traballadores máis para o departamento, que durante seis meses se suman aos que xa veñen realizando este tipo de tarefas no Concello.

Tal e como informou Fernández, coa incorporación destes dous operarios a entidade local acondicionará tanto o interior da totalidade dos centros deportivos como o entorno das mesmos, levando a cabo tanto a roza das súas inmediacións, como o mantemento preventivo das instalacións eléctricas ou traballos de fontanería, entre outros.

Esta iniciativa vén a fortalecer o compromiso que ten o Goberno Municipal co deporte e cos deportistas da nosa cidade, maioritariamente cos deportes de base polos valores que inculca entres os máis cativos, tratando de facer máis confortable a práctica das diferentes disciplinas nas instalacións municipais.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre a contratación de 2 traballadores para o mantemento das instalacións deportivas municipais | Descargar mp3

Noticias relacionadas