O Concello fracciona en tres anos o pago da débeda de Frimiño coa Seguridade Social, que ascende a 1,2 millóns de euros

O Concello de Lugo viuse na obriga de asumir o pago da débeda contraída pola Seguridade Social pola empresa Frimiño, que ten un importe de 1.270.323,66 euros, para evitar prexuizos ós intereses públicos da Administración local. 

Venres, 28 de novembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello agarda unha resolución favorable do Tribunal Supremo no recurso interposto contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que declarou á Administración municipal responsable solidaria da débeda por cotas da Seguridade Social acumulada dende abril de 1997 pola mercantil Frimiño SL, adxudicataria dende o ano 1989 da concesión de matadeiro municipal.

Aínda que a sentenza do TSXG non é firme, a Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Rosana Rielo,  tomou a decisión de facerlle fronte ó pago desa débeda coa Seguridade Social para evitarlle maiores prexuizos ós intereses do Concello, que se producirían no caso de figurar como debedor da Seguridade Social.

Por elo, o Concello solicitoulle á Seguridade Social un aprazamento da citada débeda e a concesión do fraccionamento do pago, concesión que lle foi notificada ó Concello o día 6 de novembro e que realiza en doce cotas trimestrais, a primeira no mes de novembro, por importe cada una delas de 107.622,50 euros.

Ademais, a eficacia desa concesión foi supeditada ó pagamento das cotas inaplazables correspondentes á aportación dos traballadores, que ascendía a 61.370,34 euros. Este importe foi pagado á Tesourería Xeral da Seguridade Social o mesmo día 6 de novembro. 
 
O Concello de Lugo non só se ve obrigado a facerlle fronte ás débedas da empresa que foi concesionaria do matadeiro coa Seguridade Social senón que tamén é vítima dos reiterados incumprimentos desa empresa xa que Frimiño deixou sen aboar moitas das súas obrigas coa Administración municipal.

A débeda pendente de Frimiño SL co Concello de Lugo, obxecto dun expedente acumulado de recadación en vía de constrinximinto, ten un importe principal de 957.230 euros polo impago de recibos e liquidacións. Concretamente, son 112 recibos polos conceptos de concesións administrativas, imposto sobre vehículos, taxa por subministro de auga, lixo e IBI. En canto á antigüidade desta débeda, os recibos máis vellos pendentes de pago son do ano 1992 en concepto de auga e concesións administrativas. Dos impostos de vehículos e bens inmobles, os máis vellos son de 1995.

Noticias relacionadas