O Concello fará a poxa de dous vehículos embargados

Venres, 09 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os servicios municipais de recadación procederán á poxa de dous vehículos inmobilizados e embargados a debedores do Concello. Dita poxa terá lugar ás 10 horas do vindeiro 31 de xaneiro, no Centro Social Uxío Novoneyra -rúa Quiroga Ballesteros-.

Os bens embargados son:

1.- Vehículo Lancia Dedra 2.0 IE, tipo de poxa 600 euros.
2.- Vehículo Volvo 704 GLE, tipo de poxa 300 euros.

Os bens atópanse depositados no Depósito Municipal de Vehículos sito na Rúa dos Carros, Parcela E 4,I Polígono Industrial do Ceao. Poden ser examinados por aquelas persoas ás que interese en horas e días hábiles. Teléfono: 982 25 52 81.

Noticias relacionadas