O Concello edita unha vez máis o libro cos relatos gañadores das últimas edicións de Trapero Pardo

Lara Méndez e Manuel Núñez presentaron esta publicación, que recolle os traballos premiados no 2014 e 2015

Venres, 03 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello edita unha vez máis o libro cos relatos gañadores das últimas edicións de Trapero Pardo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, presentaron este venres, no Salón de Plenos, un libro cos relatos curtos premiados no certame Trapero Pardo, nun acto ao que asistiron os autores dos relatos, o mestre que realizou a corrección dos contos publicados, Xosé Manuel Castro, a coordinadora da publicación, Margarita Calderón, e a encargada de realizar as ilustracións, Eva Seoane.

O Concello edita de novo esta publicación que recolle os contos gañadores de dúas edicións deste certame, organizado pola área de educación para mozos e mozas de 12 a 18 anos de idade de calquera centro educativo de Lugo. Nesta ocasión, aparecen publicados os traballos gañadores de 2014 e 2015.

Na presentación do libro, na que tamén estiveron presentes as Concelleiras de Economía e Benestar Social, Ana Prieto e Ana Abelleira, respectivamente, a rexedora felicitou a todos os gañadores e gañadores e a todos os participantes neste certame impulsado polo Concello, unha mostra da aposta da entidade local pola cultura. Así mesmo tamén tivo palabras de felicitación á comunidade educativa por favorecer, apoiar e incitar aos seus alumnos á participar neste e noutros concursos literarios. Para rematar, quixo animar á cidadanía á lectura, dende o ámbito familiar ao educativo, e convidou aos mozos a seguir lendo e escribindo.

As obras recollidas neste libro son as seguintes:  

Ano 2014
Categoría de 12-14 anos
1º Premio: Sofía Valiña Cabo coa obra Nunca Medrar do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria (Lugo)
2º Premio: Iago Penalonga Arribas coa obra A Vila da felicidade do Colexio PP Franciscanos de Lugo
3º Premio: Silvia Díaz Rodríguez coa obra O tesouro do avó do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria (Lugo)

Categoría de 15-18 anos
1º Premio: María Sonsoles Quiroga Gutierrez coa obra Os asaltadores do Muro do CPR  San José de Lugo
2º Premio: Antía Sánchez Magdalena coa obra  A un paso dos teus soños do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria (Lugo)

Ano 2015
Categoría de 12-14 anos
1º Premio: Santiago García Rivas coa obra De Pedra, do CPR Divino Maestro de Lugo
2º Premio: David González López coa obra Maruxa Castaña, do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria (Lugo)
3º Premio: Sofía Santos Ulloa coa obra Esperanza, do IES Lucus Augusti de Lugo

Categoría de 15-18 anos
1º Premio: Andrea Estrella Arias Díaz coa obra Tras tanta choiva, do IES Ánxel Fole de Lugo
2º Premio:  Elena Valle García coa obra Xogas?, do IES Perdouro de Burela (Lugo)
3º Premio: Sofía Valiña Cabo coa obra Sen ti son Eu, do CPR Ntra. Sra. de la Asunción  de Sarria (Lugo)

¡Quero vivir!
Tras a presentación deste libro, Lara Méndez e Ana Abelleira achegáronse á librería Balmes, onde o sarriano Iván Quiñoá presentou a súa publicación, ¡Quero vivir!, unha invitación á vida, á loita por vivir a través dunha mirada dun neno que loita por superar o cancro.

Multimedia

  • O Concello edita unha vez máis o libro cos relatos gañadores das últimas edicións de Trapero Pardo

Noticias relacionadas