O Concello e a USC organizan no CEI un Maratón Empresarial Universitario

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Eva Real, e o Vicerreitor Adxunto de Innovación, Agustín Merino, presentaron hoxe o I Maratón Empresarial Universitario que se celebra organizado polo Concello de Lugo en Colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, concretamente coa Facultade de Dirección e Administración de Empresas.

Un total de seis equipos están xa inscritos para esta proba ou xogo, que consistirá nunha simulación empresarial para adestrarse na toma de decisións. É a primeira vez que se realiza este xogo en Galicia e está destinado principalmente aos estudantes de último ano de carreira.

Este evento terá lugar os días 3 e 4 de maio, en horario de mañá e tarde (de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00). O lugar escollido será o Centro de Empresas e Innovación cunha simulación que servirá para poñer a proba a súa capacidade de xestión na dirección de grandes firmas, xa que se trata de empresas xa creadas.

A Concelleira explicou que esta iniciativa será un primeiro paso para o ano próximo poder participar no maratón nacional que se celebra todos os anos con estudantes de distintas autonomías.

A organización facilitará a todos os equipos inscritos un Manual do Xogo, que explica o proceso da toma de decisións (aspectos de estratexia e política de produción, comercial, de aprovisionamento e compras e financieira).

Co fin de facilitar este proceso, ademais se lles proporcionará un programa de axudas que poderán descargar da web do xogo, unha liña de consulta telefónica e un foro en Internet para poder resolver dúbidas e plantexar cuestións.

Cada un dos equipos participantes asumirá a dirección dunha empresa xa creada que competirá contra todas as demais.

Os participantes deberán elaborar plans mensuais de xestión, a partir da toma de decisións estratéxicas e operativas nas áreas principais da empresa (márketing, comercial, RR.HH., finanzas, produción e loxística). Cada decisión simula un mes na vida da compañía.

Unha vez introducida a información on line, a organización procesarana e facilitará os resultados a cada equipo para que, a partir dos mesmos, tome novas decisións e así sucesivamente, ata elaborar seis plans de xestión.

Os resultados de cada empresa non dependen unicamente das súas propias decisións, senón das decisións que outras empresas competidoras adopten. Por isto, é necesario adaptar continuamente a propia estratexia, en función das expectativas, sobre cales poidan ser as estratexias docutras empresas competidoras.

Para facilitar o proceso de toma de decisións, o simulador ofrece un potente software de alumno que permite calcular con moita rapidez diferentes alternativas, antes de adoptar a decisión definitiva (fixación de prezos, carga de máquinas en producción, necesidades de materiais, planes de tesorería, etc.).

O dia 4 publicarase a clasificación dos equipos por resultados. Proclamarase gañador o equipo que obteña os maiores beneficios.

O simulador que se empregará no Maratón Empresarial reproduce a situación dun mercado e das empresas que operan nel, e conta cunha serie de características que aportan un gran realismo ao xogo:

  • Influencia de variables do contorno económico, que condicionan a evolución da demanda.
  • Posibilidade de vender en distintos mercados: Unión Europea e EE.UU.
  • As empresas poderán lanzar novos produtos ou eliminar os existentes.
  • Acceso a sistemas de información, como estudos de mercado e informes do sector.
  • Xestión das variables loxísticas e de aprovisionamento: transporte, almacéns, prezo da materia prima…
  • Oportunidade de investir en bolsa os excedentes obtidos.
  • Política financeira: duas monedas (euro/dólar), distintas opcións de financiamento (desconto, préstamo, leasing,…) investimentos financeiros…..

Noticias relacionadas