O Concello e Tanxurela tínguense este luns de amarelo para sensibilizar sobre a endometriose no Día Mundial da doenza

Domingo, 13 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O edificio do Concello, na Praza Maior, e a pasarela Tanxulera lucirán, na noite do luns ao martes, de cor amarela, a identificativa da propia patoloxía, para visibilizar a endometriose.

Unha enfermidade que afecta ao 10% das mulleres en idade fértil, ao redor de 60.000 galegas, e sobre a que se pretende sensibilizar, coincidindo coa celebración do seuDía Mundial, o 14 de marzo.

Con este xesto, a Institución local pretende apoiar o traballo desenvolvido pola Asociación “QuerENDO. Mulleres con endometriose” impulsora da iniciativa, co obxectivo de concienciar á poboación sobre esta doenza.

Noticias relacionadas