O Concello e a Asociación de Mulleres Empresarias entregaron os diplomas do curso gratuíto para emprendedores sobre a elaboración de planes de empresa

Luns, 24 de decembro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os Concelleiros de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e de Servizos Xerais, Francisco Fraga, xunto coa Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo, Beatriz Varela, fixeron entrega dos diplomas do obradoiro gratuíto dirixido a emprendedores e traballadores desempregados no que aprenderonn a elaborar un plan de empresa.

Sonia Méndez explicou que este curso, que xa tivo unha edición anterior o ano pasado, enmárcase na estreita colaboración que manteñen o CEI-Nodus e a Asociación de Empresarias para asesorar ós emprendedores que queren poñer en marcha en Lugo novas iniciativas empresariais.

Pola súa parte, Francisco Fraga salientou a importancia deste tipo de programas que axudan a buscar saídas a través do autoemprego nesta época na que hai tantas dificultades para atopar traballo.

Beatriz Varela indicou que antes de poñer en marcha unha iniciativa empresarial é imprescindible contar cun plan de empresa, xa que se trata da ferramente que garante a viabilidade económica de calquer idea e ademais é unha exixencia á hora de solicitar un crédito ou unha subvención coa que conquerir o financiamento necesario para botar andar un negocio. 

Multimedia

Noticias relacionadas