O Concello difunde as potencialidades de Lugo en Expocidades 2017, que acolle o municipio portugués de Vila Real

Carmen Basadre achegouse a esta cita que definiu como “un escaparate único para amosar as potencialidades turísticas luguesas á poboación da Eurorexión, a 7 millóns de persoas, posibles visitantes da nosa cidade”

Xoves, 15 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello difunde as potencialidades de Lugo en Expocidades 2017, que acolle o municipio portugués de Vila Real

O Concello difunde as potencialidades de Lugo dende este xoves e ata o vindeiro sábado en Expocidades 2017, a mostra de turismo das cidades do Eixo Atlántico, que acolle o municipio portugués de Vila Real, concretamente a Alameda de Grasse, en horario de 11:30 a 22:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.

A esta cita acudiu este xoves a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, para quen esta feira constitúe “un escaparate único para amosar as potencialidades turísticas luguesas á poboación da Eurorexión, a 7 millóns de persoas que son posibles visitantes da nosa cidade”.

En Expocidades, que celebra a súa cuarta edición estes días despois de pasar por Lugo, Pontevedra e Viana do Castelo, o Concello ofrece información turística en distintos idiomas sobre o Lugo Monumental, o Lugo Romano ou o cambio da cidade grazas ao Urban, entre outros, así como programas do Arde Lucus e de Terras de Auga e Cultura. Tamén se achegaron libretas, marcapáxinas e planos.

No seo desta cita, mañá venres, ás 12:00 da mañá –hora portuguesa-, a edil presentará a programación do Arde Lvcvs 2017.

Multimedia

  • O Concello difunde as potencialidades de Lugo en Expocidades 2017, que acolle o municipio portugués de Vila Real

Noticias relacionadas