O Concello defende no padroado de Afundación a postura dos veciños contra o peche da gardería

A Alcaldesa mantivo unha reunión coa representante municipal neste órgano, María Isabel González Rey, na que acordaron demandar na reunión da entidade celebrada hoxe na Coruña a continuidade da escola infantil

Xoves, 25 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Reunión da Alcaldesa e a representante do Concello de Lugo no padroado de Afundación

O Concello de Lugo defendeu a postura dos veciños contra o peche da gardería de Afundación no barrio do Sagrado Corazón durante a reunión do padroado deste órgano celebrada na mañá deste xoves na Coruña. A Alcaldesa, Lara Méndez, mantivo un encontro previo coa representante municipal neste órgano, María Isabel González Rey, decana da Facultade de Humanidades, na que acordaron demandar na xuntanza de hoxe a continuidade da escola infantil, avalada por 5.000 sinaturas que as familias afectadas recolleron en só dúas semanas. 

A situación do centro infantil do Sagrado Corazón foi unha das primeiras cuestións abordadas pola rexedora dende a súa toma de posesión. Lara Méndez mantivo encontros con representantes da asociación de veciños Porta de Lugo e de Abanca co obxectivo de artellar unha solución que evite o peche do centro, “que nos preocupa moito pola situación na que deixa aos pais e nais que teñen escolarizados alí os seus fillos e pola perda de prazas para menores de 3 anos que supón na nosa cidade, na que, a pesar dos grandes esforzos realizados polo Concello, somos conscientes de que existe escaseza de prazas públicas”, subliñou a Alcaldesa. Insistiu neste senso na necesidade de facilitar “a conciliación familiar e laboral e a proximidade dos servizos aos cidadáns”, polo que “faremos todo o posible para encontrar unha solución”.

Deste xeito, Méndez solicitou tamén a implicación da Xunta de Galicia para atender as peticións dos veciños de Lugo e que cree novas garderías públicas e centros de educación infantil.   

Noticias relacionadas