O Concello de Lugo únese á Rede de Cidades Contra o Consumo de Alcol en Menores

O Alcalde asinou a adhesión a este programa promovido polo Ministerio de Sanidade e a FEBE

Mércores, 04 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou esta maña a adhesión do Concello de Lugo ao Proxecto Cidades en Rede Contra o Consumo de Alcol a Menores e que está promovida pola Federación Española de Bebidas Espirituosas enmarcado na campaña do Ministerio de Sanidade e Consumo Menores ni una gota. Más de 100 razones para que un menor no beba alcohol.

No acto participaron a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Presidente da Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE), Bosco Torremocha, ademais das xogadoras do Ensino e do Campion Junior de Tiro, Martin Freijo.

López Orozco destacou que “somos un dos primeiros concellos galegos en sumarnos a esta iniciativa coa que mostramos o noso compromiso na loita contra o consumo de alcol en menores”. Neste sentido, lembrou que o Concello de Lugo leva dende hai anos desenvolvendo o programa +XTI que ofrece actividades alternativas de ocio e formación para mozos e mozas durante as fins da semana.

Con esta adhesión levaranse a cabo accións dirixidas a pais e menores para conciencialos sobre a problemática do alcol en menores e durante o seu desarrollo. As actividades serán para fomentar o ocio alternativo, libre de consumo de bebidas alcolicas e repartirase unha guia elaborada pola psicologa de menores Rocio Ramos-Paul dirixida a pais e adolescentes que contén razóns polas que un menor non debe tomar alcol e que pode descargarse na web www.menoresniunagota.es .

A campaña tamén comprende o desenvolvemento de accións destinadas a dotas ás familias de ferramentas para enfrentarse a un posible consumo precoz de bebidas alcólicas nos seus fillos. Ademais, tamén se buscará a implicación doutros colectivos como son os hosteleiros para evitar a venta de bebidas alcólicas a menores de idade.

 

Noticias relacionadas