O Concello de Lugo ultima con Urbanismo da Xunta na consecución da aprobación do PXOM

Luns, 22 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, mantivo hoxe unha reunión cos subdirectores xerais e os técnicos da Consellería de Urbanismo do Goberno galego.

Esta reunión serviu para ultimar algúns dos puntos que recolle o informe emitido pola Xunta e nos que xa traballa o Goberno Local en relación co PXOM, así como a modificación puntual do Carme para a que o Goberno autonómico pedira un plan específico.

O Concello de Lugo rematará o traballo pendente tras a reunión para o cal estuda a posibilidade de enviar os aspectos concretos pendentes da documentación sen ser necesaria unha nova xuntanza, o que permitirá axilizar a presentación e futura aprobación do Plan por parte do Goberno galego.

Noticias relacionadas