O Concello de Lugo terá en conta os desexos das rapazas e rapaces para preparar o programa de ocio alternativo

Luns, 28 de xaneiro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A nova edición do programa de movida alternativa do Concello de Lugo Elixe terá en cuenta as preferencias das mozas e mozos da cidade. A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, indicou que “espero que os rapaces lucenses se involucren na organización das actividades”. Para coñecer as preferencias dos lucenses creouse na web do Concello, www.lugo.es, unha enquisa na que se pode votar polas actividades propostas ou suxerir outras diferentes.

A Concelleira explicou que “o obxectivo é implicar ós mozos e mozas para que fagan as súas propias actividades, así como ás asociacións da cidade e conseguir prestar un bo servizo ós cidadáns”.

Basadre anunciou que se realizarán actividades de ocio en lugares distintos, uns espazos nos que os rapaces podan falar e formarse en dous grupos ben diferenciados: un para menores de idade tutelados e outro para maiores de idade que terán actividades hasta máis tarde.

Pola súa banda o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, engadiu que “se contará cos clubes de deportes minoritarios da cidade para fomentar a aparición de equipos en deportes que non son moi habituales, sempre sendo os usuarios deste programa os que indiquen cales son as súas preferencias”. Díaz Grandío indicou que “se tratará de poñer estas actividades nos horarios e lugares nos que os usuarios teñan interese en facelo”.

O Concelleiro explicou que “hai que tratar de promocionar eses deportes que sirvan de alternativa a ese outro ocio que ningún de nos desexamos”.

Dende o seu nacemento o programa contou con un bo número de usuarios. Díaz Grandío afirmou que “o balance é moi positivo, na última edición contamos con 28.000 usos”. O que queremos evitar coa implicación dos rapaces é o cansancio das actividades habituais, pretendemos facer un modelo máis axeitado ó que os mozos demandan“.

Noticias relacionadas