O Concello de Lugo súmase ao minuto de silencio polas vítimas de Kabul que se convocou nas distintas institucións

A Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, concentrouse este luns en repulsa do atentado no que perderon a vida dous axentes do Corpo Nacional de Policía

Luns, 14 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo súmase ao minuto de silencio polas vítimas de Kabul que se convocou nas distintas institucións

A Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, concentrouse este luns ás 12:00 horas na Praza Maior, diante da Casa Consistorial, para gardar un minuto de silencio en sinal de condolencia e de repulsa polo atentado terrorista perpetrado nas inmediacións da Embaixada Española en Kabul (Afganistán), na que perderon a vida dous axentes do Corpo Nacional de Policía; e como mostra de solidariedade coas vítimas e as súas familias. 

Noticias relacionadas