O Concello de Lugo súmase ao loito oficial polo naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo

Mércores, 16 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo súmase ao loito oficial polo naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo

O Concello de Lugo súmase ao loito oficial declarado polo naufraxio en augas de Terranova do pesqueiro Villa de Pitanxo, que causou o falecemento e a desaparición de varios tripulantes.

Esta mañá a Corporación de Lugo, coa alcaldesa ao fronte, Lara Méndez, mantivo un acto de silencio nun acto no que tamén participaron a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o Deputado Provincial, Pablo Rivera.

Previo ao minuto de silencio, procedeuse á baixada das bandeiras de Lugo e de Galicia da Casa Consistorial, que ondearán a media hasta dende hoxe ate o 18 de febreiro como mostra do pesar compartido e solidariedade.

Noticias relacionadas