O Concello de Lugo selecciona o cartel anunciador do programa de Diversiarte 2009

Martes, 17 de novembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O xurado do concurso de deseño gráfico Diversiarte 2009, composto pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e representantes de diversas asociacións de persoas con discapacidade de Lugo, elixiron ao que será o cartel anunciador do programa deseñado polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade como se ven facendo dende fai oito anos. 

O autor gañador, elaborou a súa obra co obxectivo de sensibilizar e promover a idea de que na diversidade é posible a igualdade. O seu deseño, como se establecía nas bases do concurso, destaca a discapacidade como unha relación co contorno, considerando con especial interese a representación de valores como a diversidade, dignidade, recoñecemento, vida independente, así como inclusión e participación social, en definitiva, os dereitos humanos.

Neste concurso presentáronse deseños elaborados por tres asociacións de persoas con discapacidade da cidade: Cogami, Alume e Down Lugo, sendo a gañadora esta última potenciando a idea do ocio e cultura sen barreiras

Multimedia

Noticias relacionadas