O Concello de Lugo retirará o nome figuras ligadas ao franquismo nas diferentes rúas da cidade

Mércores, 27 de novembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Comisión do rueiro reunida esta mañá adoptou diferentes acordos para nomear novas rúas e para sustituir todas aquelas que tiveran o nome de figuras ligadas ao franquismo e que serán sustituidos por nomes relevantes na historia de Lugo e da democracia. Estes acordos adoptados será levados a Pleno para a súa aprobación definitiva.

Desta maneira, a Avenida de Ramón Ferreiro, pasará a ser Avenida de Raimundo de Borgoña, que no século XI impulsou a repoboación da cidade de Lugo e ademais foi marido de Dona Urraca. Outro dos cambios é que a Avenida Carlos Azcárraga pasará a chamarse Avenida de Adolfo Suárez, primeiro Presidente do Goberno elixido nunhas eleccións xerais libres.

Tamén cambiarán de nome as rúas Cedrón del Valle que será Isaac Díaz Pardo, a do Tenente Coronel Teijeiro por Lois Peña Novo e Comandante Manso denominarase Mártires de Carral. Por outro lado, Irmásn Pedrosa será denominada como Xaquin Lorenzo, a rúa General Tella será rúa Avelino Pousa Antelo, e Ruíz de Alda pasará a ser Luis Cordeiro. Todos os cambios foi coa aprobación de todos os membros presentes na Comisión. Ademais, todas as rúas das Gándaras e as da zona de San Fiz de nova construción tamén contan con novas denominacións, o campo de fútbol do Ceao pasará a ter o nome de José Carballido, a Escola Infantil Municipal da Piringalla será María Wonemburger Planells, e no barrio de Paradai a xornalista Sofia Casanova terá unha rúa.

A Comisión do rueiro tamén acordou elaborar un regulamento no que se contemple o rueiro completo do Concello de Lugo tanto a nivel urbano como da zona rural. Tamén se acordou non nomear rúas con nomes de colectivos profesionais.

Noticias relacionadas