O Concello de Lugo reparte máis de 500 plantas con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente

Xoves, 05 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, dende a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Lino González Dopeso, repartiu hoxe máis de 500 plantas con flores con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Foron moitos os lucenses que se achegaron ata a Praza Maior esta mañá para conseguir a súa planta.

Con esta iniciativa, que leva promovendo o Concello de Lugo dende fai tres anos, preténdese concienciar á cidadanía da necesidade de coidar o noso entorno.

Noticias relacionadas