O Concello de Lugo, referente en prevención de riscos laborais

A mutua Egarsat recompilou prácticas dentro da administración local, autonómica e estatal, para elaborar unha guía, onde figura o Concello como modelo a seguir, que foi presentada este luns na Escola de Relacións Laborais

Martes, 24 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo, referente en prevención de riscos laborais

O voceiro municipal, Miguel Fernández, participou este xoves na clausura da xornada Xestión dos Recursos Humanos na Administración Pública e o seu Impacto sobre o Abstentismo, organizada pola Escola Universitaria de Relacións Laborais. Nesta xornada presentouse a Guía de Xestión dos Recursos Humanos na Administración Pública e o seu Impacto sobre o Abstentismo, realizada pola mutua Egarsat, que recompilou prácticas dentro deste mundo na administración local, autonómica e estatal, onde figura  o Concello como modelo a seguir.

Durante a clausura, Fernández reiterou o compromiso da Corporación e do Concello coa prevención de riscos laborais. “Que se recoñezan as nosas boas prácticas é un incentivo que nos axuda a seguir traballando na mesma liña, para seguir sendo un referente para o resto de Concellos de Galicia e de España, en materia de prevención de riscos laborais”, subliñou o voceiro, quen destacou que se cumpren os requisitos esixidos, estando as dependencias municipais adaptadas á Lei de Prevención de Riscos Laborais e á Lei de Proteción Civil, contando este servizo con preto de 400 voluntarios. O edil avanzou que os técnicos traballan con rigor na coordinación de actividades preventivas coa totalidade das empresas adxudicatairas de obras e servizos. “Cumprimos coa normativa vixente e complementámola coa formación específica en materia de seguridade e saúde no traballo de toda a plantilla, proporcionando a obrigatoria vixiancia da saúde a todos os traballadores do Concello”, aseverou Fernández, ao tempo que lembrou que o Concello foi durante 3 anos consecutivos beneficiario do bonus Bueno por ser entidade de baixo índice de siniestralidade e días de baixa laboral.

Ao longo do día de hoxe, os asistentes puideron coñecer de primeira man as boas prácticas do Concello, a cargo da traballadora do gabinete desta área da entidade local, María José Carvallo, así como reflexionar sobre a motivación na xestión dos Recursos Humanos, guiados pola coach, Carmen Ariza.

Noticias relacionadas