- Tema
A Xunta de Compras do Concello de Lugo aprobou esta mañá o investimento de 39.956 euros, subvencionado polo ministerio de Administracións Públicas, para a realización de melloras na nave de asociacións municipal.
Entre as actuacións proxectadas atópase a creación e adecuación dunha sala multiusos que estea a disposición dos usuarios, mellorar a instalación eléctrica da nave e o pintado dos locais.
Nesta xuntanza aprobouse tamén a realización de melloras no cemiterio municipal de San Froilán por un importe de 36.537 euros. Estas obras inclúen a mellora dunha parte do muro dos nichos situados na parte antiga do cemiterio, así como nivelar o tellados á mesma altura.
Con esta obra o Concello continúa a traballar na mellora das instalacións do campo santo como as obras de pavimentación e mellora das canalizacións de auga que xa executou en diferentes seccións.
Por outra banda, os membros da Xunta de Compras autorizaron a redacción do proxecto básico e de execución, dirección facultativa das obras de coordinación de seguridade e saúde da urbanización da Praza do Cantiño. Esta actuación está englobada dentro do Plan Urban que pretende a rehabilitación e modernización do centro histórico e do comercio da cidade.
No eido das infraestruturas aprobouse o investimento de 13. 622 euros para a mantemento da rede de saneamento na rúa Centolo e de 20.488 euros para a colocación de valla de madeira en diferentes zonas verdes da cidade.