O Concello de Lugo reafirmou este Luns Santo os vínculos que mantén coa Armada dende hai seis décadas

Altos mandos deste Corpo e de todas as Forzas de Seguridade e representantes da Corporación municipal e do resto de Institucións públicas participaron nos actos organizados na honra da Virxe da Esperanza.

Lara Méndez: “Un ano máis queremos seguir cumprindo coa tradición que nos une e que, logo dunha durísima pandemia que impuxo tantas limitacións, nos permite recuperala co esplendor que lle corresponde”.

Luns, 11 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo reafirmou este Luns Santo os vínculos que mantén coa Armada dende hai seis décadas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial aos altos cargos da Armada, nun acto oficial co que o Concello quere simbolizar os lazos que ámbalas dúas institucións manteñen dende hai máis de 60 anos con motivo da celebración da Semana Santa.

Á recepción, presidida pola rexedora, acudiron, ademais de representantes da Corporación municipal e do resto de Institucións públicas e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, D. Ignacio Frutos Ruíz, Excmo. Sr. Almirante Xefe do Arsenal da Armada de Ferrol; o Coronel José María Sanz Alisedo, Comandante do Tercio Norte; o Capitán de Navío Manuel Aguirre González, Director da Escola A. Escaño; o Capitán de Fragata Carlos Sicre Romero, Axudante Maior e o Teniente Coronel Víctor H. Blanco Urgorri, Axudante do Almirante;así como o Xefe da Brigada Científica da Policía Nacional; o Xefe Provincial da Policía Autonómica e o Coronel Xefe da Comandancia da Guardia Civil de Lugo, xunto á Presidenta da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo, Dna. Isabel Lagares Mosquerae membros da Confraría da Virxe de Esperanza.

No transcurso do acto o Almirante do Arsenal da Armada de Ferrol, Ignacio Frutos, asinou no libro de Ouro da Cidade e pasou revista ás tropas acompañado pola alcaldesa coa que tamén realizou unha sentida Homenaxe aos Caídos, seguida do desfile das tropas de Mariña e a actuación da Banda de Música da Mariña.

Lara Méndez sinalou que “logo de dous anos moi complexos, nos que a convocatoria de actos populares e de tradicións con tanto arraigamento social e turístico como é a Semana Santa sufriron grandes restricións, que mesmo chegaron a impedir a súa organización, sentímonos moi felices de poder retomalas, dentro do posible, co esplendor que lle corresponde e dando, así, continuidade a unha relación de máis de seis décadas na que, cada Luns Santo a Administración local e a Armada visualizamos os vínculos que nos unen”.

Unha relación que ten a súa orixe nos anos da Guerra da Independencia, cando o Tercio Norte tomou parte activa na defensa da cidade de Lugo, en 1809, derrotando aos franceses no sitio actual das Gándaras. Esa vitoria do Tercio Norte evitou a toma da cidade polas tropas de Napoleón. Xa a mediados do século XX, en 1953, o entonces Ministro da Mariña recibiu, no nome da Armada, o título de Irmán Maior Honorario da cofradía da Virxe da Esperanza e a partir desa data a Armada participa nos actos da Semana Santa de Lugo escoltando na súa procesión á Virxe da Esperanza.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a Recepción á Armada e a Virxe da Esperanza | Descargar mp3
  • O Almirante Xefe do Arsenal da Armada de Ferrol, Ignacio Frutos Ruíz, sobre a Recepción á Armada e a Virxe da Esperanza | Descargar mp3

Multimedia

  • O Concello de Lugo reafirmou este Luns Santo os vínculos que mantén coa Armada dende hai seis décadas

Noticias relacionadas