O Concello de Lugo puxo en marcha 86 iniciativas que contaron con apoio económico externo

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo realizou no que vai de ano unha grande labor na presentación de proxectos que conseguiron obter un bó número de axudas de organismos pertencentes ó Goberno Central e Autonómico, así como de distintas entidades financieiras. A calidade dos proxectos elaborados polo Concello conseguiron unha axuda que alcanza unha cifra próxima ós cinco millóns de euros.

O Goberno Local invertiu estas axudas recibidas en proxectos de gran interés social, chegando a poñer ata 86 iniciativas en marcha. No planteamento dos proxectos realízase un diagnóstico das necesidades da cidade e tendo en conta o Plan Estratéxico, a Axenda 21, e os compromisos do Goberno Local coa cidadananía, búscanse posibles vías de financiación para levalos a cabo.

Trátase dun proceso planificado e xestionado por diferentes departamentos do Concello para responder eficazmente ás necesidades do desenvolvemento local en conxunto a través de programas con unha importante repercusión social.

Entre os proxectos atopamos os programas de políticas activas de emprego dirixidas a desempregados, orientación para o emprego, o programa Lugo Social dentro da iniciativa comunitaria Equal con preto de 700.000 euros de axuda, o proxecto Parque, Lugo Cidade Próxima ou o proxecto LugoQualitas…

Tamén dentro da iniciativa Equal tamén atopamos o Proxecto Cultur@civitas, concebido como un itinerario de formación e inserción laboral mediante o autoemprego, orientado a colectivos en situación de desigualdade de acceso ó mercado laboral -fundamentalmente mulleres-, e que actúa no ámbito do sector cultural e de ocio dos entornos locais, a través da utilización intensiva de novas tecnoloxías. Este proxecto contou con preto de 10.000 euros de axuda da Federación Española de Municipios e Provincias.

As iniciativas do Concello de Lugo en materia social tamén contan cun forte apoio das entidades superiores entre as que se atopan exitosas accións como o II Plan de Inclusión social que contou cunha axuda por parte da Xunta de Galicia de 132.000 euros, os educadores familiares, o centro de información ás mulleres, o centro para atención a mulleres víctimas de violencia, o plan de desenvolvemento xitano con 60.000 euros de axuda, a atención a domicilio, programas de prevención das drogodependencias, etc.

As citas festivas e culturais da cidade tamén contaron coa subvención de diferentes entidades financieiras: o Arde Lucus 2007, o festival de Música Cidade de Lugo, as Festas de San Froilán, o festival Interfolk ou a Mostra de Teatro Infantil.

O forte apoio recibido por parte de diferentes entidades provinciais, autonómicas, estatais e financieiras, son unha mostra da calidade dos proxectos e da boa xestión das axudas realizada polo Concello de Lugo.

Noticias relacionadas