O Concello de Lugo publica as bases e os formularios de solicitude para as prazas de auxiliar de Administración Xeral en www.lugo.es

Mércores, 16 de setembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo anuncia que xa están publicadas na páxina web do Concello de Lugo as bases e os formularios de solicitude para o acceso as prazas en quenda libre e de consolidación de emprego de auxiliar de Administración Xeral.

A Xunta de Goberno Local, celebrada o día 29 de xullo de 2009, aprobou as bases específicas para o acceso en propiedade a 15 prazas de auxiliar de Administración Xeral, once delas correspondentes á oferta de emprego de 2008 (dúas delas reservadas para persoas con discapacidade) e catro correspondentes á oferta de emprego de 2009, pertencentes ó cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo, quenda libre.

Ademais aprobáronse tamén as tres plazas de auxiliar administrativo en quenda de consolidación de emprego temporal.

Esta oferta inclúese dentro do compromiso do Equipo de Goberno coa creación de emprego estable e de calidade que beneficie aos traballadores baseado no mérito, a capacidade e a igualdade.

Documentos da convocatoria

Noticias relacionadas