O Concello de Lugo presenta as III Xornadas Lóstregas de Seguridade Viaria en Moto

Xoves, 04 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, o monitor de seguridade viaria Manuel Rodríguez e o presidente do Club de Motos Lóstregos, Raúl Rochas, presentaron as III Xornadas Lóstregas de Seguridade Viaria en Moto.

O Concelleiro manifestou o compromiso do Goberno Local pola formación viaria da cidadanía como unha aposta pola seguridade para condutores e peóns. “Esta iniciativa enmárcase dentro da política de seguridade vial e por iso colaboramos coa súa organización”, indicou.

Trátase dun curso de coñecemento e mantemento da moto que terá lugar o domingo 7 de marzo ás 09:30 horas no Centro de Convivencia de Fingoi. O prezo para o participante é de 5 euros. Os que desexen participar poden inscribirse en www.lortregoslucus.com.

O curso desenvolverase no seguinte horario:
09:30: Entrega de documentación
10:00: Primeira parte: coñecemento da moto
11:30: Pausa café
12:00: Segunda parte: mecánica e Mantemento
13:30: Posta en común: Preguntas
14:00: Entrega diplomas
15:00: Cocido
17:00 Clausura Xornadas

Os fundamentos e obxectivos perseguidos coa impartición deste curso son o coñecemento de que unha moto avariada ou mal mantida é unha moto insegura. Con estas xornadas os participantes recibirán uns coñecementos mínimos e indispensables para o coidado das nosas motos, aquelas revisións máis elementais, non por iso menos importantes á hora da súa repercusión na seguridade do motorista (presión das rodas, axuste de manetas) ata as operacións algo máis complexas (tensado do tren de arrastre, cambio de elementos).

O fundamental destas xornadas será adquirir os coñecementos necesarios para poder realizar o mantemento esencial da moto, así como para poder comprender o que realmente está a facer o mecánico coa moto, e saber a repercusión da reparación.

Temario do Curso
1.- TIPOS DE MOTOS.-Características e uso ao que van dirixidas:Ciclomotores, custom, trial, velocidade, turísticas, maxiescuters.

2.-PARTES DA MOTO:
- Tipos de chasis
De berce
Muntitubular
Dobre viga
Motor suspendido
- Ródalas
Tipos de neumáticos (radiais, con cámara) .Usos máis adecuados.
Os números do neumático. A presión adecuada,o desgaste inadecuado.
Avarías, picadas, reparación
- As suspensións
Dianteiras.Tipos Como funcionan.
Traseiras.Tipos.Mantemento
- Os freos
Mantemento (como se ve o desgaste das pastillas)
O bote de expansión. Mantemento (purgado)
As manetas. A súa ergonomía, regulacións e tensado
- O sistema eléctrico
As luces. tipos, mantemento
A batería, erros de aceso, as buxías. Os fusibles: onde e para que.
A transmisión
Tipos.
Mantemento, tensado, engrase, nivel
- Sistema de refrixeración
Tipos
Mantemento, niveis,avarías
- O motor
Tipos
Características e usos do motor
Mantemento
Filtros: aceite/aire
- Sistemas de seguridade
O ABS
Controles de tracción

www.lortregoslucus.com

Multimedia

Noticias relacionadas