O Concello de Lugo presenta dous novos vehículos do servizo municipal de transportes

Xoves, 14 de xaneiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentaron esta mañá dos novos buses da flota do servizo municipal de transportes.

O Alcalde explicou que nos dez anos do seu mandato “o Concello mercou 15 autobuses co que temos unha flota cunha media de idade de 6’05 anos”.

Os novos vehículos, segundo explicou López Orozco, tiveron un custo de 208.000 euros cada un correspondentes aos orzamentos do 2009, e anunciou que tamén está prevista unha nova partida no 2010 para mercar dous novos buses “para proseguir con esta mellora constante”.

O obxectivo marcado, explicou, “é convencer aos lucenses de que suban ao autobús porque é moi barato -o máis barato de toda Galicia-, ecolóxico, económico e mellorará a mobilidade pola cidade, sobre todo, coa aplicación do Plan de Mobilidade no que comezaremos a traballar principalmente nas liñas de bus para facer que Lugo sexa unha cidade moderna en canto ao transporte urbán”.

Características técnicas
Os novos vehículos Mercedes Benz Citaro(K) contan cunha propulsión limpa e económica, xa que van equipados co motor térmico diesel blueTec OM 906 kLA con 210 kW ( 286 CV) de potencia. Este motor cumpre a estrita normativa Euro V con sistema SCR “Ad-Blue” polo que resulta especialmente ecolóxico.

Ademais, son máis áxiles e seguros xa que teñen unha lonxitude de 10.5 metros é o máis pequeno da gama Citaro. Teñen unha capacidade de 29 pasaxeiros sentados e 48 de pé (Total 77 pasaxeiros + 1 cadeira de rodas) e presentan unha excelente maniobrabilidade e suavidade en marcha. O seu diámetro de xiro de 17.24 metros, é un do mais reducido da súa clase. A facilidade de manobra faise patente sobre todo en rúas do centro urbano.

Os novos buses incorporan:
- Rampa para cadeiras de rodas
- Sistema (Klenning) de enclinamiento lateral e arrodillamiento
- Estrutura metálica adaptada para cumprir os regulamentos R-66 (antivolco) e 80 sobre a ancoraxe de butacas.
- Climatizador (frío-calor)
- Caixa de cambios automática VOITH, con retardador hidráulico.

Accesibilidade
O 81.25 % dos buses que realiza o servizo urbano das liñas, dispoñen de rampa para persoas con discapacidade e o 100% dos mesmos é de piso baixo continuo (sen chanzos).

Multimedia

Noticias relacionadas