O Concello de Lugo prepara un Entroido 2014 con actividades ambientadas no xénero de ciencia ficción e que repartirá máis de 7.000 euros en premios

Venres, 14 de febreiro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou a programación de actividades que o Concello porá en marcha para este Entroido 2014 e que presenta novidades con respecto a anos anteriores. “Este ano queremos facer un Entroido adicado á ciencia ficción e o terror, xéneros literarios moi relacionados con estas festas e que este ano sorprenderán aos lucenses” segundo explicou Basadre.

As actividades darán comezo o día 27 de febreiro e rematarán o mércores 5 de marzo co Enterro da Sardiña e o Concurso de Ferretes.

Carmen Basadre explicou que este ano se inclúen varias novidades e que agarda que “sexa un Entroido entretido, divertido e que todos os cidadáns saian á rúa e desfruten das actividades programadas”.

PROGRAMA ENTROIDO 2014

XOVES,  27 DE FEBREIRO

18.00 Horas.- Na Praza do Campo actuación da coral Xolda.  
19.00 Horas.- Na Praza Maior actuación do conxunto vocal Lugh.

VENRES,  28 DE FEBREIRO

19.00 Horas.- No salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra levarase a cabo un recital de coplas de Entroido organizado pola Sección de Literatura Oral da AELG. (Novidade)

20.00 Horas.- Comezo do taller audiovisual para persoas maiores de 14 anos que queiran participar e que se realizará no salón de actos do Centro de Convivencia Uxio Novoneyra. Terá unha parte práctica que consistirá na gravación das persoas que participen activamente no Entroido lucense e dos pallasos-zombies. As prazas son limitadas e para inscribirse haberá que chamar ao 010 a partir do 17 de febreiro. (NOVIDADE)

20.00 Horas.- Na Casa do Concello pregón do Entroido a cargo do xornalista Paco Nieto. A continuación, polas rúas da cidade, actuación das charangas Terra Chá e Madia Leva.

20.30 Horas.- Na Praza Maio, Entroido escénico con Hipócrita Teatro que representarán Xuízo para-lelos.

SÁBADO,  1 DE MARZO

10.00 Horas.- No soto da Praza de Abastos Feira de Produtos Típicos do Entroido amenizada polo grupo de música tradicional Reviravolta.

12.00 Horas.- Comezo de Peque Entroido… e para comer Lugo, un curso de cociña para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos impartido pola Asociación Provincial de hostelaría de Lugo. Aqueles menores que queiran participar deberán inscribirse no teléfono 010 a partir do 26 de febreiro. O curso desenvolverase no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros. (NOVIDADE)

12.00 Horas.- Na Praza Maior e rúas próximas Entroido escénico na que o grupo Palimoquiños representarán Zombi…e ti de quen vés sendo? (NOVIDADE).

12.30  horas.- Taller de maquillaxe para nenos e nenas con temática de ciencia ficción nos soportais da Casa do Concello. (NOVIDADE)

17.00 Horas.- Gran Concurso de Disfraces (infantil). Os participantes concentraranse na praza da Soidade media hora antes do desfile (que presidirá a charanga A Excusa). Discorrerá por Santo Domingo, Rúa da Raíña e Praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura do Concello, antes das 14.30 horas do venres día 28. En cada unha das categorías haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia e con materiais reciclados: papel, cartón, cartolina, cortizas, follas de árbores, plásticos, bricks, …. A obtención deste premio será compatible con algún dos outros tres.

INDIVIDUAL:
1º premio:  vale por lote de libros de 50 euros
2º premio: vale por lote de libros de 40 euros
3º premio: vale por lote de libros de 30 euros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros de 50 euros

PARELLAS:
1º premio: vale por lote de libros de 75 euros
2º premio: vale por lote de libros de 60 euros
3º premio: vale por lote de libros de 50 euros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros 75 euros

COMPARSAS:
1º premio: vale por lote de libros de 150 euros
2º premio: vale por lote de libros de 120 euros
3º premio: vale por lote de libros de 100 euros
Premio especial ó disfrace reciclado: vale por lote de libros de 150 euros

Premio especial cun vale de 75 euros ao mellor disfrace individual, de parella ou comparsa relativo á temática de ciencia-ficción.

19.30 Horas.- Na Praza da Soidade Entroido escénico con In Bocca al lupo Thriller Swing (NOVIDADE).

19.30 Horas.- Actuación da charanga Viño Tinto no barrio da Ponte.

20.00 Horas.- Comezo do taller audiovisual para persoas maiores de 14 anos que queiran participar e que se realizará no salón de actos do Centro de Convivencia Uxio Novoneyra. Terá unha parte práctica que consistirá na gravación das persoas que participen activamente no Entroido lucense e dos pallasos-zombies. As prazas son limitadas e para inscribirse haberá que chamar ao 010 a partir do 17 de febreiro. (NOVIDADE)

20.30 Horas.- Concerto de bandas sonoras de películas de ciencia ficción e de terror coa animación de Piratas do Caribe, na Praza Maior.

22.30 Horas.- Actuación no recinto histórico da charanga Os Amigos de Manolo.

23.00 Horas.- Polas rúas da cidade, Walking Clown Dead, pallasos-zombie con música e interacción co público.

DOMINGO,  2 DE MARZO

12.30  horas.- Taller de maquillaxe para nenos e nenas con temática de ciencia ficción nos soportais da Casa do Concello. (NOVIDADE)

19.30 Horas.- Actuación pola Ronda das Fontiñas, Montirón e San Fiz da charanga Os Trompos das Nicras e a charanga-murga Os virtuosos do tinto polo recinto histórico.

19.30 Horas.- Comezo do taller audiovisual para persoas maiores de 14 anos que queiran participar e que se realizará no salón de actos do Centro de Convivencia Uxio Novoneyra. Terá unha parte práctica que consistirá na gravación das persoas que participen activamente no Entroido lucense e dos pallasos-zombies. As prazas son limitadas e para inscribirse haberá que chamar ao 010 a partir do 17 de febreiro. (NOVIDADE)

20.00 Horas.- Entroido escénico con Nova Escena na Praza Maior que interpretarán O discurso da raíña Sofría.

20.30 Horas.- Entroido escénico con Achádego Teatro na praza do Campo e o Orfeon Lucense interpretando a peza …uns pican e outros non.

LUNS, 3 DE MARZO

12.30  horas.- Taller de maquillaxe para nenos e nenas con temática de ciencia ficción nos soportais da Casa do Concello.

19.00 Horas.- Polo barrio da Milagrosa e da Residencia actuación da charanga Arde Yu Ku.

20.00 Horas.- Comezo da festa organizada pola Asociación de Veciños da Milagrosa con actuación musical, na Praza da Milagrosa.

20.00 Horas.- Entroido escénico con Pinchacarneiro na praza do Campo interpretando Santa Compaña Parrandeira..

20.00 Horas.- Conferencia sobre banda deseñada de ciencia ficción impartida por un experto e na que haberá unha exposición elaborada polas librerías de Lugo que porán a venda libros desa temática. (NOVIDADE)

20.30 Horas.- Actuación polas rúas do centro da cidade da Charanga Terrorifica.

MARTES, 4 DE MARZO

12.30  horas.- Taller de maquillaxe para nenos e nenas con temática de ciencia ficción nos soportais da Casa do Concello. (NOVIDADE)

12.30  horas.- Actuación do grupo musical tradicional Arrincadeira na praza Maior.

17.00 Horas.- Gran Concurso de Disfraces (adultos). Os participantes concentraranse na praza da Soidade media hora antes do desfile (que presidirá a charanga Malo Será). Discorrerá por Santo Domingo, rúa da Raíña e praza Maior. As inscricións deberán facerse no Departamento de Cultura deste Concello antes do luns día 3 de marzo, ás 14.30 horas.

PREMIOS
- INDIVIDUAL:
1º premio: 400 €
2º premio: 300 €
3º premio: 200 €
3 premios de 50 €
- PARELLAS:
1º premio: 500 €
2º premio: 400 €
3º premio: 300 €
5 premios de 100 €
- COMPARSAS:
1º premio: 1.000 €
2º premio: 800  €
3º premio: 600 €
7 premios de 200 €

3 premios de 100 euros á criterio do xurado, a charangas de colectivos de persoas con discapacidades.

Premio especial de 75 euros ao mellor disfrace individual, de parella ou comparsa relativo á temática de ciencia-ficción.

19.30 Horas.- Polas rúas da cidade actuación da charanga Paradela polas rúas de Augas Férreas.

20.00 Horas.- Polas rúas do Centro Histórico haberá a recreación de esceas teatralizadas terroríficas a cargo de Monstruos na rúa.

MÉRCORES, 5 DE MARZO

20.00 Horas.-Enterro da Sardiña. Organizado pola Asociación Cultural Pepe Barreiro. Sairá do Círculo das Artes co seguinte percorrido: Praza Maior, Rúa Conde Pallares, Rúa da Cruz, Praza do Campo, Rúa Nova, Praza da Soidade, Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña, Praza Maior (templete da música). E concurso de Ferretes.

Multimedia

Noticias relacionadas