O Concello de Lugo porá en marcha o programa Conserva Lugo que permite contratar a 20 desempregados beneficiarios da Risga

O Alcalde de Lugo sinalou que varias organizacións acreditan que o Concello de Lugo é o que máis invirte en servizos sociais de Galicia e quinto en España

Venres, 27 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo porá en marcha o programa Conserva Lugo que permite contratar a 20 desempregados beneficiarios da Risga

O Concello de Lugo porá en marcha un novo programa para seguir loitando contra o desemprego e a exclusión social o Conserva Lugo, tal e como anunciaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira.

Desta maneira, o Concello vai a iniciar a tramitación para a contratación de 20 persoas en situación de risco de exclusión social perceptoras da RISGA que traballarán durante sete meses a media xornada nas diferentes brigadas de obras municipais. Os beneficiaros poderán compatibilizar as dúas axudas e desenvolver un traballo de peón de obras.

Este novo programa, Conserva Lugo, conta cun importe total de 139.727 euros, equivalente aos custos salariais da contratación de 16 peóns, 3 oficiais e 1 encargado e está financiada cunha subvención concedida pola Xunta de Galicia e cofinanciada polo Fondo Social Europeo nun 80% dentro do Programa operativo de adaptabilidade e emprego.

O Alcalde de Lugo sinalou que “dende o Goberno Local sempre dixemos que a nosa maior prioridade son as persoas e as súas circunstancias, por iso, aumentamos o presuposto en servizos sociais, en emerxencia social e en axudas para os máis desfavorecidos e por iso implantamos este novo programa”.

Ao mesmo tempo, tamén lembrou que segundo datos oficias, Lugo, é o Concello que máis inverte en servizos sociais e emerxencia social en Galicia e o quinto de España. “Este mesmo dato tamén o ofrece a Rede Galega de Loita contra a pobreza que destaca a importante labor que estamos a realizar” segundo López Orozco.

Noticias relacionadas