O Concello de Lugo pon en marcha un programa experimental de emprego dirixido a persoas con discapacidade

Venres, 07 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentaron hoxe o programa de emprego Lugo Contigo dirixido a persoas que contan con máis dificultades de acceso ao emprego, en especial persoas con algunha discapacidade, co obxectivo de reducir o índice de  desemprego neste colectivo.  Só o 30´8% de persoas con discapacidade está empregada en Galicia na actualidade.

Trátase dun plan experimental de emprego, subvencionado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia con 72.400 euros e que está realizado en colaboración coas diferentes asociacións de Lugo: ASPNAIS, Asociación de xordos, COGAMI, FADEMGA, AUXILIA, SINDROME DE DOWN, FEAFES…

A Concelleira de Economía explicou que “un total de 50 persoas, que se seleccionarán a través do INEM e das asociacións, poderán beneficiarse deste proxecto”. A execución do programa, que se levará a cabo ata o 31 de marzo, realizarase en dúas fases: a primeira con 30 persoas e a segunda con 20 persoas.

Levaranse a acabo itinerarios persoalizados de emprego co fin de acadar a inserción laboral: orientación laboral, tutorías e apoio persoalizado. Os beneficiarios terán a oportunidade de realizar prácticas en empresas da cidade en distintos sectores propostos polas asociacións como a xardiñería, limpeza, servizos sociais... As empresas que participen neste programa de emprego comprométense a contratar a un tercio dos participantes como mínimo.

Poderán acceder a estos programas aquelas personas que teñan unha minusvalía reconocida de, ao menos, un 33% e que figuren inscritas como demandantes de empreo no Servizo Público de Emprego.

Pola súa banda, as empresas que contraten con carácter indefinido a estos traballadores terán unha subvención por valor de 3.907 euros por cada contrato, que aumentará en 600 euros no caso de que o contratado sufra unha discapacidade igual o superior ao 49%. Ademais, no caso de que a contratada sexa unha muller, establécese outro incentivo de 600 euros, entre outras axudas.

A Concelleira de Economía sinalou que os empresarios teñen que aproveitar as fórmulas para promover a integración laboral das persoas con discapacidade, que van dende as bonificacións por contratación ata as subvencións para adaptacións e axustes no posto de traballo.

Noticias relacionadas