O Concello de Lugo pon en marcha un dispositivo especial pola alerta laranxa activada por mor dos fortes ventos

Luns, 09 de febreiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Protección da Comunidade e a Concellería de Medio Ambiente e Zona Rural do Concello de Lugo puxeron en marcha un dispositivo especial ante a alerta laranxa activada pola Dirección Xeral de Protección Civil  por mor dos ventos que poderán alcanzar unha velocidade entre os 100 e os 110 quilómetros por hora entre as 9:00 e as 20:00 horas.

Entre as medidas adoptadas

- Estarán dispoñibles efectivos de Urbaser, Calfensa, brigada de parques e xardíns, de vías e obras e servizos eléctricos de zona rural.

- Protección Civil, Bombeiros e Policía Local estarán preparados para reforzar os servizos no caso de precisarse.

En canto aos recursos materiais, contarase con dúas palas e un camión con pluma.

Ademáis, realizarase o peche dos parques Rosalía de Castro e da Milagrosa, paralizáronse as fontes da Praza do Rei e de Fonte dos Ranchos. Ademáis, a Concellería de Deportes determinou a suspensión das actividades deportivas que se realizan no exterior, manténdose a actividade que se realiza no interior das instalacións.

Recoméndase á cidadanía:

-Retirar dos balcóns e galerías calquera elemento que poida caer á vía pública (macetas, etc...)

-Subir ou baixar totalmente as persinas exteriores para evitar a creación de bolsas de aire que provoquen a ruptura das mesmas.

-Non camiñar por zonas de risco: zonas axardinadas con árbores de grandes ramas, neste caso se recomenda non acceder aos parque da nosa cidade ( Rosalía de Castro, Albeiros e Milagrosa) así como peches de obras.

-Solicítase a colaboración cidadá para que, se son coñecedores dunha situación de risco (ramas caídas en vías, estradas, caída de elementos de fachadas etc...) se poñan en contacto cos seguintes teléfonos:

092.- Policia Local

010 .- Atención ao Cidadán do Concello ( só ata as 20:30 )

112.- Urxencias.

Noticias relacionadas