O Concello de Lugo pon en marcha un ciclo de cine de barrio de temática feminina

Luns, 26 de outubro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Carmen Basadre, achega aos diferentes barrios da cidade un ciclo de cine de temática feminina.

Este ciclo comeza hoxe luns 26 de outubro coa proxección da comedia Ayer, hoy y mañana no Centro de Convivencia de Santa María de Bóveda ás 16.30 horas.

A actividade continuará o vindeiro 5 de novembro no Centro de Convivencia Maruja Mallo ás 19.00 horas coa película La teta asustada.

O público poderá disfrutar co film Osama no Centro de Convivencia de Lamas de Prado o xoves 12 de novembro ás 19.00 horas e con Princesas no Uxío Novoneyra o día 19 de novembro tamén ás 19:00 horas.

O ciclo rematará o 26 de novembro no Centro Social de Fingoi ás 19.00 horas coa proxección de Conversaciones con mamá.

O obxectivo deste ciclo de cine de barrio organizado polo Concello é que os asistentes reflexionen sobre a temática e se cree conciencia de xénero.

Noticias relacionadas