O Concello de Lugo pon en marcha diversas melloras do sistema O.R.A.

Luns, 19 de outubro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da empresa adxudicataria do Sistema O.R.A. puxo en marcha unha serie de melloras incluídas no pliego de condicións do sistema de aparcamento.

Así mesmo, realizouse o pintado de prazas de aparcamento do sistema O.R.A. na rúa Puro Cora, por ambas marxes, entre a praza de Avilés e a rúa Ribadeo.

Ubicáronse tres máquinas expendedoras de tickets na avenida de Ramón Ferreiro: unha diante do colexio María Auxiliadora e dúas no tramo comprendido entre a rúa Pintor Corredoira e Marina Española. Ademais, procedeuse á habilitación de aparcamentos do sistema O.R.A nesta avenida na marxe dereita en sentido de saída da cidade, dende a rúa Marina Española ata a rúa Cornubia, e en sentido de entrada ao centro dende a Praza do Rei ata a rúa Marina Española.

Tamén se procedeu á colocación de sinais verticais que regulan o sistema O.R.A. nesta avenida.

Noticias relacionadas