O Concello de Lugo pon a disposición de veciños e veciñas en situación de vulnerabilidade 90 entradas para asistir ó Caudal Fest

A alcaldesa, Lara Méndez, avanzou que “queremos que poidan gozar desta gran cita os e as lucenses independentemente da súa situación económica”
 
A concelleira de Benestar, Olga López, sostivo que as entradas as poderán pedir ata o xoves antes das 12.00 horas e a traves o 010, as persoas beneficiarias do Risga

Iván Méndez, o director do festival, destacou que “esta edición, na que virán máis persoas de fóra de Galicia, confirma ao Caudal Fest coma unha das grandes citas a nivel nacional dos festivais”

Martes, 17 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo pon a disposición de veciños e veciñas en situación de vulnerabilidade 90 entradas para asistir ó Caudal Fest

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou hoxe, durante a visita que realizou ás instalacións á beira do río onde se desenvolverá o Caudal Fest este fin de semana, que “queremos que poidan gozar desta gran cita os e as lucenses independentemente da súa situación económica”. Por iso, porase a disposición das persoas que perciben o Risga as entradas que a organización cede ao Concello de Lugo este ano, un total de 90.   
 
Para iso, ata o xoves pola mañá, antes das 12.00 horas, poderán solicitarse no 010, facilitando o número de expediente de Risga. A entrega das entradas, dous por titular das axudas, segundo sostivo Olga Fernández, concelleira de Benestar Social, será por rigoroso orde de solicitude. Poderanse recoller en Servizos Sociais do Concello de Lugo, onde comprobarán os datos, durante o venres pola mañán, ata as 13.30h.
 
Durante a visita, a rexedora e a concelleira de Benestar comprobaron como se están ultimando os detalles desta segunda edición do Caudal Fest, que reunirá a máis de 30.000 persoas na beira do río, no Pazo de Feiras e Congresos. Dende a organización, Ivan Méndez aproveitou a visita para explicar que “este ano o festival ten un formato máis grande, unha programación máis completa durante dous días xunto con dous escenarios e máis artistas que o ano pasado. O público está respondendo moi ben, xa que hai entradas vendidas en todo España, será unha edición con más venda fora de Galicia, o que confirma o Caudal coma unha das grandes citas a nivel nacional dos festivais”

Noticias relacionadas