O Concello de Lugo permitiu que 8 empresas se instalasen no parque empresarial de as Gándaras e se beneficiasen da bonificación do 50% no imposto de construcións

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou a primeira licenza do ano para a construción dun edificio na rúa Manuel Maria

Mércores, 11 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo permitiu que 8 empresas se beneficiaran da bonificación por instalarse no parque empresarial de As Gándaras do 50% do Imposto sobre construcións, instalacións e obras, o que supuxo un aforro de preto de 47.000 euros.

Asi, o Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez, explicou que dende hai catro anos que se inaugurou o parque empresarial, o Alcalde, solicitoulle en varias ocasións ao Presidente da Xunta un esforzo para o abaratamento dos prezos das parcelas que facilitasen a instalación de novas empresas, “e xusto catro anos despois rebaixan significativamente o prezo do solo uns meses antes das eleccións”.

Neste sentido, Álvarez, sinalou que “Lugo perdeu catro anos para medrar empresarialmente e ogallá esa venda se traduza no asentamento de novas empresas pero que tomou a primeira medida foi o Concello coa rebaixa no imposto do 50%”.

A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobou abrir o procedemento de licitación para a instalación de 65 postos de venda de mercadorías (non se permitirá a elaboración de comida neste espazo) durante as festas de Arde Lucus 2015, concretamente no Macellum. Non se rexerán baixo estas bases os postos de elaboración de alimentos que se sitúan noutras zonas. A autorización e ocupación terá unha vixencia prorrogable por tres anos máis ata o 2018, co que se facilitan os trámites administrativos de cara a próximas edicións. O prezo ofertado será un dos criterios de adxudicación para proceder á autorización da parcela que é dun mínimo de 0,88 euros por dia por metro cadrado de terreo ocupado.

Tamén se aprobou a primiera licenza de construción dende o mes de decembro para a construción dun edifico na rúa Manuel María e que conta cun presuposto de 353.103,65 euros e un prazo de 36 meses. Outro dos asuntos urbanísticos aprobados foi a linceza para reforma de interior de local de hipermercado no novo Centro Comercial Abella por importe de 2.396.244,05 euros.

Noticias relacionadas