O Concello de Lugo participa na homenaxe a Rosalía de Castro organizada pola AELG

Maite Ferreiro destacou “os ideais feministas e a defensa a Galiza” da obra da poeta

Sábado, 22 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo participa na homenaxe a Rosalía de Castro organizada pola AELG

O Alcalde en Funcións, Rubén Arroxo, xunto coa Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, participaron na homenaxe organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrado en Lugo co gallo do día de Rosalía que se celebrará o vindeiro 24 de febreiro.

Neste encontro literario como musical, Maite Ferreiro aproveitou para reivindicar a vixencia do pensamento e acción da autora galega, na que sinalou o compromiso coa loita da muller como con Galiza. Maite Ferreiro declarou “neste país somos moitas as que sentimos moi preto a Rosalía, unha muller rebelde que demostrou ser vangarda nos ideais feministas e que fixo unha defensa a ultranza da Galiza”.

O acto organizado pola AELG contou coa música de Germán Díaz, e rematou coa lectura dun manifesto asinado por Daniel Asorey, centrado no fenómeno da emigración e do que significou para Galiza. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, declarou que “temos que ter presente a Rosalía para conseguir que este país avance ”.

Multimedia

  • O Concello de Lugo participa na homenaxe a Rosalía de Castro organizada pola AELG
  • O Concello de Lugo participa na homenaxe a Rosalía de Castro organizada pola AELG

Noticias relacionadas