O Concello de Lugo organiza un curso de Transport Learning que se celebrará no CEI-Nodus

Xoves, 11 de outubro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O próximo luns 15 e martes 16 de outubro, vaise celebrar o curso de Deseño e Realización de campañas de mobilidade sostible que organiza a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o Concello de Lugo, o centro de información europea Europe Direct, e o Grupo Gea 21 S.L., que é o encargado da coordinación do programa Transport Learning en España. Este programa europeo, no que están integrados 15 socios de 13 países, desenvolverase no CEI-Nodus e estará impartido polo catedrático de Ecoloxía do Transporte da Universidade de Drede (Alemaña) e con Marta Román, xeógrafa de Gea 21, especializada na xestión da demanda de transporte para nenos e familias.

No módulo que se vai impartir na nosa cidade tratarase a Xestión da Mobilidade Sostible, con especial énfase nos temas relacionados co camiño escolar, mobilidade infantil e accesibilidade para todas as idades. Cada curso consta de dúas partes, un taller de formación técnica e outra parte que é un exercicio práctico no que os participantes desenvolverán un proxecto baixo a tutela dos especialistas.

Con este curso búscase elaborar material de formación, ao xerar coñecemento e capacidade técnica en torno ás políticas sostibles de transporte e as medidas a desenvolver por parte dos concellos e axencias de enerxía.

Aquelas persoas que estea interesadas poden solicitar información en www.transportlearning.net ou en ivelazquez@gea21.com .

CEI Nodus cei.lugo.es

Noticias relacionadas