O Concello de Lugo ofrece un curso para mellorar a xestión comercial das empresas

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O luns día 29 comeza no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo o Curso Técnicas de xestión comercial. É curso dirixido a calquera persoa interesada, aínda que os seus contidos pertencen ao ámbito empresarial e ten por obxectivo coñecer as técnicas para mellorar a xestión comercial dunha empresa, aprendendo, entre outros, a identificar os motivos que levan a un cliente a comprar os nosos productos, coñecer os principios que rexen a venda e o marketing, ou como fidelizar a un cliente.

Este curso forma parte das actividades formativas do CEI-Nodus promovidas dende a Concellería de Economía e Emprego,que dirixe Sonia Méndez, e que están destinadas ós emprendedores e empresas de Lugo e que responden ás demandas do sector. Con elas o Concello de Lugo pretende potenciar o desenvolvemento económico da cidade ó facilitar a mellora profesional dos empresarios lucenses.

O curso terá lugar os días 29, 30 e 31 de setembro e 5, 6 e 7 de novembro de 2007 de 16:00 a 21:00 horas.

Noticias relacionadas